Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bebescena 2023: LA COCINA de Teloncillo Teatro

Teatro, poesía, música e cancións, en castelán.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

12/03/2023

Horario:

11:30 e 13:00 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

Abono Familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € (só nos despachos de billetes)

Menores de 3 anos: 2,00 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo agora@coruna.gal

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

A cociña, ese lugar onde se guisan sopas de letras, onde as especias bailan e os queixos cantan. Poesía, música e cancións son os ingredientes principais cos que imos preparar un menú exquisito. Gustades?

Convidámosvos a entrar na nosa peculiar cociña: un lugar cheo de trastes e utensilios que a todos nos soan; un lugar no que imos cociñar palabras que se comen polos ollos sen culler e garfo; un lugar onde as torradoras voan, as especias bailan, os allos saltan con pértega e no que, mmm... cheira que alimenta!

 "De todos os cuartos que a miña casa ten, se podo elixir, elixo a cociña sempre". Ignacio Sanz

No noso oitavo espectáculo para a primeira infancia eliximos "a cociña", porque a consideramos un espazo "máxico" e de experimentación: a alma das vivendas, o escenario que envolve o noso día a día para xogar e o máis adecuado para botar a voar a nosa imaxinación.

A cociña dá calor, cor, sabor, cheiro... Nela descubrimos as primeiras texturas, os primeiros sabores, porque é o primeiro laboratorio que coñecemos, ese espazo no que, desde nenos, experimentamos coa comida, cos obxectos, cos sentidos.

https://vimeo.com/387934012

FICHA ARTÍSTICA

Interprete e cantante: Ana Isabel Gallego

Dramaturxia e dirección: Ángel Sánchez e Ana Isabel Gallego

Música: Ángel Sánchez

Deseño do espazo escénico: Juan Carlos Pastor.

Escenografía e vestiario: Eva Brizuela e Israel Robledo

Deseño de luces: César Rodríguez 

Apoio pedagóxico: Irene Gallego

Asesor de maxia: Gonzalo Granados

Teatro, poesía, música e cancións, en castelán.

Duración: 35 min.

Público: Familiar con bebés, desde 6 meses ata 4 anos.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión