Sabías que os tesouros non só se esconden en illas remotas?
18/05/2013
Xa rematou
A actividade poderase realizar ao longo de todo o día (11.00-15.00; 17.00-19.00 h).
1 hora
Libre e gratuíta.
Os museos tamén están cheos deles e este sábado 18 de maio, para celebrar contigo o Día Internacional dos Museos, no MUNCYT A Coruña escondemos un moi especial.
Se te atreves a participar, terás que descifrar varias pistas que te levarán a atopar este prezado tesouro.
Ademais, se consegues chegar ata o final poderás levar un pequeno agasallo como recompensa.
Só os máis audaces aventureiros conseguirán superar este reto! Es un deles?
A actividade, dirixida a familias con nenos, poderase realizar ao longo de todo o día en horario de apertura do museo (11.00-15.00; 17.00-19.00) e ten unha duración aproximada de 1 hora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible