Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cancoruño Show

Cancoruña é unha asociación canina sen ánimo de lucro cuxos actos van encamiñados á tenza responsable, bos hábitos cidadáns e correcto comportamento canino.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/12/2017

Xa rematou

Horario:

12:00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6'00 €

Carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 5'00 €

Abono 3 familiar (inclúe unha persoa adulta e un/unha menor): 15'00 €

Menores de 12 anos: 2'00 €

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(As persoas beneficiarias dos descontos deben mostrar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto)

Televenda:

Ticketea

Organiza:

CANCORUÑA Asociación canina

Momentos de diversión e sorpresa nun mundo canino

Para todo o público, non só para as persoas donas de cans. Gozaremos das marabillas que nos ofrecen os cans.

Con que vos sorpenderemos este ano?

Dámosvos un adianto:

MAMÁ CABRA: Gloria Mosquera e Diego Maceiras co seu acordeón e as súas cancións.

O humorista PEPE CAPELÁN.

Número de exóticos: tartaruga, guacamaio, coello, cobaia, hurón, gato...

Conto didáctico por ÓSCAR BECEIRO

Uns minutos de globoflexia canina con PATTY DIPHUSA.

Cancoruña fomenta a adopción e a axuda, na medida do posible, dos refuxios de mascotas. Todos os ingresos procedentes de cotas de socios ou actos que son de pago son aplicados no desenvolvemento do seu labor e a doazón. O importe recadado da venda de entradas será utilizado para cubrir algún gasto da organización do evento, o resto sería doado a unha protectora, que este ano será Gatocan.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión