Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carmen – Compañía Nacional de Danza + OSG

Coreografía: Johan IngerMúsica: Georges Bizet e Rodion Shchedrin

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/11/2019 ata o 23/11/2019

Xa rematou

Horario:

venres 22 novembro: 20.30 h

sábado 23 novembro: 20.00 h

Duración:

1 h 30 min (ballet en dous actos)

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Documentos:

Dossier Carmen 2019 (1 MB)

ÚNICAS DATAS EN GALICIA!

A Compañía Nacional de Danza preséntase por primeira vez na Coruña coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que nesta ocasión estará dirixida por Manuel Coves.

45 bailaríns subirán ao escenario do Palacio da Ópera da Coruña baixo a coreografía de Johan Inger e cun vestiario deseñado por David Delfín.

A estrea absoluta de Carmen pola Compañía Nacional de Danza foi no Teatro da Zarzuela, Madrid (España), o próximo mes de novembro será a primeira vez que se poida ver en Galicia este espectáculo.

Cando Johan Inger recibiu o encargo da CND de montar unha nova versión de Carmen, sendo el sueco e Carmen unha obra cun marcado carácter español, atopouse ante un enorme reto, pero tamén unha grande oportunidade. A súa aproximación a este mito universal tería que achegar algo novo. Para iso, Inger decidiu centrarse no tema da violencia, aproximándose a ela a través dunha mirada pura e non contaminada... a dun neno. Partindo deste enfoque, Inger crea un personaxe, que propicia que sexamos testemuñas de todo o que pasa, a través dos seus ollos inocentes, á vez que contemplamos a súa propia transformación.

"Hai neste personaxe un certo misterio, podería ser un neno calquera, podería ser o Don José de neno, podería ser a moza Michaela, ou o fillo nonato de Carmen e José. Mesmo poderiamos ser nós, coa nosa primitiva bondade ferida por unha experiencia coa violencia que, aínda que breve, influíse negativamente nas nosas vidas e na nosa capacidade de relacionarnos cos demais para sempre."

Johan Inger

A miña Carmen

"A miña Carmen parte da historia orixinal de Mérimée, na cal José é o auténtico protagonista que, incapaz de soportar a liberdade da súa amada, inicia un descenso aos infernos, levado polos máis primitivos instintos do home: a paixón e a vinganza".

Johan Inger

VENDA DE ENTRADAS: ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión