Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Ciclo Principal: "Adiós Arturo"

Comezamos tempada nada menos que con La Cubana

Cando:

Dende o 19/09/2019 ata o 22/09/2019

Este evento xa rematou

Horario:

Día 19: 20.30 h

Día 20: 18.00 e 22.00 h

Día 21: 18.00 e 22.00 h

Día 22: 19.00 h

*(As funcións dos días 20 e 21 ás 22 h son as que entran nos abonos)

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

35'00, 30'00, 26'00, 20'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 20%; familias numerosas: -25%)

Adiós Arturo fala do mesmo de sempre, de teatro. Do teatro que facemos na nosa vida cotiá; o teatro que hai na rúa, nos mercados, nos nosos traballos, na familia, coas nosas amizades e, como non, tamén socialmente, onde despregamos os nosos dotes interpretativos en toda clase de actos, "paripés", festas, vodas, bautizos, comuñóns e enterros.

A partir da morte aos 101 anos de idade do polifacético artista internacional Arturo Cirera Mompou, nacido na Coruña en 1917, o público coñecerá o verdadeiro guión da vida deste coñecidísimo escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director coruñés.

Adiós Arturo é un canto á vida e de como vivila intensamente. Unha comedia tola, con toques "surreais" que, coma sempre, estará aderezada coas cousas que nos caracterizan e ao máis puro estilo La Cubana: coa participación do público, sorpresas, música e moito humor.

Con Jaume Baucis; Xavi Tena; Toni Torres; Nuria Benet; Alex González; Babeth Ripoll; Montse Amat; Toni Sans; Edu Ferrés; Virginia Melgar

Autoría, guión e dirección: Jordi Milán

Compañía: La Cubana

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-adios-arturo-de-la-cubana-teatro-rosalia-castro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión