De Calderón de la Barca, Agustín Moreto e outros
Para público en xeral
Dende o 09/10/2020 ata o 10/10/2020
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
A Inquisición reúnese para un xuízo secreto que pode cambiar o curso da historia.
O acusado: Juan Rana, o comediante de máis sona do Século de Ouro.
O delito: facerlle rir ao público de varias xeracións co seu humor irreverente e burlesco onde toda a sociedade queda retratada.
As probas: unha selección de entremeses dos máis grandes autores da época (Calderón, Moreto e Quiñones de Benavente, entre outros) que tiveron como protagonista o xenial actor.
As acusacións: blasfemia, desacato, irreverencia, provocación, espírito crítico, herexía...
Posible condena: a fogueira.
Juan Rana: unha festa de pezas breves con música en directo, unha reflexión sobre os límites do humor e unha homenaxe a unha figura esencial do teatro clásico español.
Tras os rotundos éxitos internacionais que supuxeron nos últimos anos as dúas coproducións previas, En un lugar del Quijote e Cervantina (Premio Max Mellor Espectáculo Musical 2017), a Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá volven aliarse nesta nova proposta que explora a inmensa comicidade dos xéneros breves do teatro áureo e recupera unha das figuras escénicas máis singulares do panorama escénico do Século de Ouro e de todos os tempos: o comediante Cosme Pérez, Juan Rana.
Repartición: Juan Canas, Íñigo Echevarría, Fran García, Miguel Magdalena e Daniel Rovalher
Dirección: Yayo Cáceres
Coproducción CNTC e Ron Lalá
Duración estimada: 90 minutos
*Venda de entradas a partir do 14 de setembro
Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 662 867 109
Web: https://corunacultura.sacatuentrada.es/
IMPORTANTE: durante este espectáculo é obrigatorio o uso da máscara desde que se entra ao teatro ata que se sae.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible