Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Ciclo Principal: Cinco horas con Mario

Entradas esgotadas para as tres funcións!

Cando:

Dende o 31/05/2019 ata o 02/06/2019

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite que son beneficiarias no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.

De Miguel Delibes (adaptación: Miguel Delibes, Josefina Molina e José Sámano) baixo a dirección de Josefina Molina

Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiran, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que as moitas persoas hoxe pódenlles parecer incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos emitíanse, de que esas "cousas" de Carmen estaban na vida de todos os días. Cinco horas con Mario, é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe da súa protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras. Pero, sobre todo, Cinco horas con Mario fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida.

Con Lola Herrera

Dirección: Josefina Molina

Compañía: Sabre Producciones e Pentación Espectáculos

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión