De Xavier Bobés
Para público en xeral
Dende o 13/12/2018 ata o 16/12/2018
Xa rematou
Días 13 e 14 ás 17.00 e 20.00 h
Días 15 e 16 ás 12.00, 17.00 e 20.00 h
75 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas - 20%)
O ano pasado deime conta de que empezaba a ter problemas de memoria. Comprobei que a miña nai tamén padecía de baleiros importantes. Cosas que se olvidan fácilmente é un espectáculo fotográfico que transforma os recordos e que, do mesmo xeito que o fai o esquecemento, inventa outros novos.
Unha pequena historia da segunda metade do século XX en España. Un xogo de cartas.
Se tiveses que escoller unha fotografía da túa vida, cal sería?
Cosas que se olvidan fácilmente é un espectáculo de teatro de obxectos que profunda na memoria que atesouran todos aqueles pequenos detalles cotiáns que -finalmente e uns con outros - terminan por construír azarosamente o relato dunha vida, de cada unha das nosas vidas. Son aquelas pequenas cousas que se amontoan no fondo dos caixóns, nos estantes, nos álbumes.
Alí permanecen agardándonos como farrapos que a nosa vida deixou. Obxectos cotiáns que, con todo, teñen unha capacidade infinita e misteriosa de convocar memoria.
Guión, dirección e interpretación: Xavier Bobés
Coprodución Festival TNT-Terrasa Noves Tendències. Colaboración Animal I'Esquena e Xavier Bobés.
**Espectáculo con capacidade reducida que se representará nun espazo diferente ao Sal Principal do Teatro **
Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible