Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Romancero gitano

De Federico García Lorca

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/11/2019 ata o 02/11/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50  € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

A Federico García Lorca gustáballe ler e dicir os seus poemas en público, xeralmente a un grupo de amigos... Máis que agradarlle, necesitaba sentir o efecto que producía nos  demais ese algo inexplicable, mesmo para el mesmo, que era a súa poesía.

As balas que acabaron con el non puideron facelo coa súa obra. E conservamos moitos tesouros. Un deles é o texto que escribiu para unha lectura de  Romancero Gitano, onde el mesmo introducía e comentaba as súas poesías.

Romancero Gitano é o primeiro gran libro de Federico, onde el descóbrese e recoñécese como poeta. Un libro de poesías, tan aparentemente fáciles, como  insondables. Por iso quedámonos aínda fascinados ao escoitar ese imán das palabras que encerran o misterio.

A través das mulleres expresou Federico moitas veces os seus sentimentos máis profundos. E as actrices encarnaron a esas mulleres, cos seus corpos e as súas voces. Nuria Espert é unha das actrices que desde algún sitio escolleu Federico para encarnalo unha vez máis, seguindo a luz de Josefina  Artigas, de Lola  Membrives, de Margarita  Xirgu... E Nuria respirou Federico durante moitos anos. Por iso ás veces, como un lóstrego, aparece no medio da lectura o recordo de algo compartido pola actriz e o poeta máis aló do tempo e das súas normas.

Con Núria Espert

Dirección: Lluís Pasqual

Unha produción de Julio Álvarez e Interludio S.L

*Venda de entradas a partir do 9 de setembro

Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión