Concello da Coruña

Concello da Coruña

Come, dorme, morre de Gabriela Pichler

Raša, moza deslinguada e corpulenta, destila enerxía polos catro costados. Capaz de empaquetar máis leitugas ca ninguén na fábrica na que traballa, achega ao seu fogar (composto por ela e un pai co lombo lesionado) o seu soldo e a súa desvergonzada alegría.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/05/2018 ata o 26/05/2018

Xa rematou

Horario:

Xoves 20.15 h

Venres 20.15 h

Sábado 17.15 e 20.15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesión do espectador sábado 17:30 h: Prezo único 1,50 euros

Cando o seu pai parte para Noruega e os recortes a deixan no paro, Raša non queda man sobre man. O seu é a acción e o movemento constante. Aínda que sueca, o seu nome estranxeiro (de Montenegro, de onde veu ao nacer) afasta os empresarios no seu politicamente correcto país. Pero Raša non se amedrenta. Con resistencia e empuxe esmaga os obstáculos antes de que os obstáculos a esmaguen a ela.

De Gabriela Pichler

Con: Nemina Lukac e Milan Dragisic

Suecia, 2012 - 103 min (V.O.S.) Formato: Blu-ray

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión