Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto dos gañadores do Premio Cidade da Coruña do III Concurso Soncello para Xoves Cellistas

Iago Domínguez e Alejandro Viana, ambos os gañadores deste premio, interpretarán xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e con José Trigueros á batuta, os concertos de Edward Elgar e Antonin Dvorak, respectivamente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2019

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

Organiza:

Soncello

O Concurso Soncello para Xoves Cellistas é unha actividade organizada pola Asociación de Violonchelistas de Galicia. Está dirixido á mocidade música con idades comprendidas entre os 11 e os 25 anos.

A terceira edición realizouse no Conservatorio Profesional de Música da Coruña durante a primeira fin de semana do pasado mes de maio, e contou con prestixiosos violonchelistas no xurado. Participaron un total de 30 violonchelistas vidos de diversos lugares como: Braga, Madrid, Ponferrada, Mérida, Avilés, Xixón, Sevilla, Selecta, Zaragoza, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo e A Coruña.

O Premio Cidade da Coruña é o galardón de maior rango do concurso e é a contribución ao palmarés por parte da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

Outros patrocinadores desta terceira edición foron: a Deputación da Coruña, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña, a Asociación Luigi Boccherini, os luthieres Vidal, Roberto Jardón Rico e José Catoira, a arqueteira Mercedes Solar, os comercios da cidade Musical Cienfuegos e Musical 47, o Curso de verán "Fagamos música" e o Curso Cello León e os fabricantes de cordas Thomastik e Pirastro.

Pola súa banda, o luthier vigués Anxo Cabreira dooulle á Asociación de Violonchelistas de Galicia un violonchelo para ser cedido durante dous anos ao gañador do Premio Especial Soncello.

Desde a Asociación de Violonchelistas de Galicia congratulámonos en anunciar a realización deste concerto de laureados. Estamos ademais traballando xa na próxima edición do concurso, que terá lugar en 2021, para seguir deste xeito achegando á vida cultural da cidade e ofrecéndolle á mocidade músic a posibilidade de participar nunha enriquecedora experiencia musical.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión