Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conferencia do profesor Miguel Anxo Bastos

Argumentos políticos e económicos para o futuro: esquerda ou dereita?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/06/2022

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Centro Cívico Artesáns. Rúa San Andrés 36, 2º. 15003 A Coruña

"Esquerda ou dereita?" A política, o goberno da polis, un asunto esencial para o ser humano na súa condición de cidadán/á e de votante. Como conciliar economía e política para conseguir o máis amplo e maior benestar social?

O profesor Bastos, quizá nesta altura o profesor máis popular da USC, é un home apaixonado pola lectura, a reflexión e o debate político. Desfruta dando aulas, provocando o alunado cos seus paseos continuos, coa súa retranca e a polémica, para despertar nel o interese e o afán de coñecemento, e promover a súa reflexión. É un magnífico docente, capaz de transformar cada unha das súas aulas na universidade nun espazo permanente de debate, conseguindo mesmo que se coen nelas persoas de fóra da institución universitaria.

Miguel Anxo Bastos recoñece que durante a súa etapa de estudante era de ideoloxía socialista. O seu pensamento político tivo unha evolución posterior despois da lectura das obras dos economistas austríacos Friedrich von Hayek e Ludwig von Mises, e da relación co profesor Xosé Vilas Nogueira, até chegar a se converter no presente nun destacado representante do chamado anarcocapitalismo.

O intelectual e profesor Miguel Anxo Bastos defínese tamén como galeguista, soberanista galego e reintegracionista.

As súas dinámicas e agradábeis conferencias non acostuman deixar indiferente a ningunha persoa asistente.

Conferencia+debate: Na mellor tradición histórica ateneística do Circo de Artesáns da Coruña, na que era obrigatorio após unha conferencia o debate posterior con respostas ou réplicas ben fundamentadas e argumentadas.

__________________________________________________________________________

Miguel Anxo Bastos Boubeta (Vigo, 1967) é profesor na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), politólogo, tertuliano e conferencista habitual.

É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC e licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola UNED.

Está especializado en políticas públicas e movementos sociais contemporáneos.

É profesor visitante en universidades estranxeiras.

Colabora habitualmente como articulista en Nós Diario".

Algúns libros da súa autoría son Sobre el anarcocapitalismo e Burocracia, democratización e reforma administrativa.

Entrevista a Miguel Anxo Bastos: https://www.youtube.com/watch?v=eJKy8EwFyUg

Miguel Anxo Bastos, un intelectual con moito senso de humor e retranca: https://www.youtube.com/watch?v=53GcZawbviA

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión