O artista emprega materiais cargados de memoria e significado.
Para público en xeral
Dende o 19/03/2026 ata o 10/05/2026
Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
Palacio Municipal de María Pita
Praza de María Pita, 1
15001 A Coruña
Tfno.: 981 189 898 / 981 184 200
Peter Kramer (Roskilde, Dinamarca, 1959) é un artista visual cunha traxectoria consolidada a nivel internacional, e unha práctica desenvolvida ao longo de máis de tres décadas. A súa obra céntrase na investigación do tempo, da repetición e da relación entre corpo e materia, mediante procesos manuais prolongados e unha marcada atención á factura artesanal. Tras unha etapa de formación e traballo en distintos países de Europa, Asia e Australia, establece a súa residencia en Galicia no ano 2000,e mantén dende entón un vínculo estreito e continuado coa Coruña, territorio que inflúe de maneira decisiva na súa produción artística.
A exposición "Configuracións" reúne un conxunto de obras realizadas entre 2001 e 2025, nas que o artista emprega materiais cargados de memoria e significado, e configura superficies que condensan tempo, proceso e experiencia.
Programa completo da exposición premendo na seguinte ligazón:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible