Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coque Malla ¿Revolucion Tour?

DÍA 22 - desbloqueáronse butacas de persoas invitadas do artista para poder sacar á venda unha cota extraordinaria debida á grande acollida por parte do público da Coruña. Últimas entradas!!!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/11/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

25,00 / 30,00 € (1ª fila de principal VR: 23,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: -25% (só en despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro)

(Se vostede compra entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)

Organiza:

Universalodds SL

Despois de celebrar o Goya á Mellor Canción Orixinal en febreiro, Coque Malla céntrase na composición de ¿Revolución?, o último e esperado disco, que se publicará en outubro de 2019. Coque Malla é un músico en constante reinvención, a súa única constante é o cambio, o anhelo de superar novos límites para a súa música. Con ¿Revolución? a súa faceta rupturista está máis presente que nunca. Este disco sorprendeu desde o minuto un: un vídeo de Coque rapándose a cabeza, como precuela; un cuestionamento xa no título en forma de pregunta: revolución? e a potente imaxe que o acompaña, obra do artista visual Manomatic, na que o rostro do artista combínase con figuras cargadas de simbolismo poético que cobran vida nas súas letras. Coque Malla implica o seu público, lanza unha reflexión. Non está a chamar ás filas de ningún levantamento, pregúntase e pregúntanos: é posible unha revolución? "Eu, a verdade, non son moi optimista respecto diso..." afirma, Coque. Esperemos a descubrir todos os matices dun espectáculo novo, ambicioso e coidado, no que Coque repite con esa gran banda que xa é a súa. Chega aos escenarios a Revolución?

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: día do concerto (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión