Concello da Coruña

Concello da Coruña

CORUÑAFILM Premio Coruñafilm

Co obxectivo de difundir o patrimonio audiovisual galego, o Premio CoruñaFilm recoñecerá a mellor curtametraxe dirixida por un autor galego

Cando:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Requisitos:

Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.

Remuneración / Dotación:

Premio: 600 €.

Documentos:

Formulario de inscrición (209 KB)

En que consiste o Premio CoruñaFilm?

O premio consiste nunha dotación económica de 600 € á mellor curtametraxe (importe suxeito aos impostos correspondentes) que será elixida de entre todas as curtas presentadas para o premio CoruñaFilm.

A organización do festival visionará todas as curtametraxes presentadas e realizará unha selección de curtametraxes finalistas. As curtametraxes finalistas proxectaranse no Auditorio do Centro Ágora os días 31 de outubro (de 19.30 a 21.30 horas) e 1 de novembro (de 18.00 a 20.00 horas).

De entre todos os finalistas, o xurado elixirá a curtametraxe gañadora. O xurado do premio, formado por profesionais da industria do cinema, terá en conta o labor técnico, a idea e a conceptualización da curtametraxe á hora de outorgar o premio.

A organización de CoruñaFilm resérvase o dereito de declarar deserto o premio así como entregalo ex aequo (a máis dun gañador) no caso de que o xurado o estime necesario.

Que requisitos teñen que cumprir as curtametraxes?

As curtametraxes que se presenten ao premio Coruña Film deberán cumprir estes requisitos:

  • O/a director/a da curtametraxe ten que ter nacido en Galicia, ou ter unha vinculación profesional ou persoal importante, así como residir en Galicia durante un período longo de tempo aínda tendo nacido noutra comunidade ou país.
  • A peza ha estar producida con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2012.
  • A duración máxima da curta será de 15 minutos.
  • Non se poderán presentar ao premio as curtametraxes presentadas na I edición de CoruñaFilm.

Ademais, os directores das curtametraxes deberán ter en conta as seguintes cuestións:

- A organización de CoruñaFilm declina toda responsabilidade legal sobre as curtametraxes presentadas e o seu contido. Neste sentido, o director da curtametraxe é o único responsable da película e de todo o que se inclúa nela, por exemplo, imaxes e sons doutros autores. En caso de ser seleccionados, os directores das curtas finalistas deberanlle asinar unha autorización á organización de CoruñaFilm autorizando o festival para proxectar a curtametraxe no centro Ágora e confirmando que é o autor de todo o contido da película.

- A organización de CoruñaFilm resérvase o dereito a non admitir a concurso as pezas que, segundo o seu criterio, non cumpran as condicións técnicas, artísticas e/ou legais esixidas polo festival. Así mesmo, non pode haber ningún tipo de material obsceno ou indecente: non debendo ter contido pornográfico ou obsceno, nin declaracións difamatorias sobre calquera persoa, empresa, organización ou entidade, nin pode invadir a intimidade ou outros dereitos de calquera persoa, empresa ou entidade, ademais de forma obrigada non poderá de ningunha outra forma violar as leis e regulamentos aplicables, e non poderán conter elementos de propiedade (distintos dos de propiedade do participante.

Como se pode participar?

Os/as directores/as que desexen presentar a súa curtametraxe deben cubrir o formulario de inscrición, no que indicarán os seus datos persoais e tamén a ficha técnica e artística da curtametraxe no que se deberá incluír: título da curtametraxe, director, duración, xénero, ano de produción e link que conteña a URL da curtametraxe.

Os realizadores poden presentar tantas curtas como desexen. De forma opcional, poden achegar un documento Word ou PDF coa información adicional que consideren necesaria (2 folios máximo).

Ata cando se pode participar?

O prazo de presentación das curtametraxes finaliza o próximo 21 de outubro do 2014.

O equipo de organización de Coruña Film poñerase en contacto cos directores das curtametraxes finalistas a partir do 21 de outubro para que lles fagan chegar o material audiovisual necesario para as dúas sesións de proxección durante os días 31 de outubro e 1 de novembro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión