CRASSH é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa.
Espectáculos para público de 1 a 3 anos
Familias, Para público en xeral
17/12/2017
Xa rematou
11.30 e 13.00 h.
SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA
50 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 6'00 euros
Abono 3: 15'00 euros
Menores de tres anos: 2'00 euros
Capacidade reducida
**Todas as persoas os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada
CRASSH (Portugal)
CRASSH é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa. Con diferentes sonoridades, da voz aos tubos de pvc pasando por obxectos do cotián, todo serve para estimular os sentidos dos máis pequenos e proporcionar momentos únicos entre as nais e os pais e as fillas e os fillos.
Propoñemos unha viaxe polo mundo CRASSH coa súa linguaxe vocal propia "Crasshones", entendida por todos ata polos bebés. Con dous personaxes de carácter forte e musicalidade extrema, capaces de sorprender coa súa interacción permanente coas persoas participantes. Con esta relación entre sons, peques e proxenitores, a diversión está garantida.
VENDA DE ENTRADAS
DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) e na web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible