Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dani Martín

Dani Martín é un dos artistas (autor, compositor e intérprete) máis importantes dos últimos 15 anos en España.

Cando:

12/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.00 h.

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Organiza:

IMCE

As súas cancións marcaron a unha xeración durante toda unha década (2000-2010 ) á fronte do exitoso grupo de pop-rock, El Canto del Loco, unha banda que bateu innumerables rexistros.

Máis de 2 millóns de discos vendidos (6 álbums de estudio, varios directos, dvds e unha película que se estreou con grande éxito) records de venda de entradas, xiras de máis de 300 concertos en 1 ano, un fito enchendo 3 noites consecutivas a Plaza de las Ventas, infinidade de premios entre os que cabe destacar 10 premios 40 Principales, 2 premios Ondas, varios premios MTv incluído o MTv Europe a mellor artista español, Premio da Música á mellor xira.

O grupo poñería punto final de maneira indefinida á súa traxectoria tras o lanzamento en España e América no ano 2010 de "Radio La Colifata presenta El Canto del Loco” un disco que recolle unha selección dos seus éxitos regravados dacabalo entre México e Arxentina, incluíndo colaboracións de grandes artistas como Alejandro Sanz, Vicentico, Natalia Lafourcade ou Leiva e que os levaría a percorrer gran parte de América latina durante o 2010.

En outubro do 2010, Dani Martín publica "Pequeño", o seu primeiro disco en solitario. Alcanza o triplo platino con catro semanas consecutivas no número 1 das listas de vendas en España, 2 anos na lista dos discos máis vendidos, Premio 40 Principales Mellor Artista, Premio Dial Mellor Artista e Premio Cadena 100 Mellor Artista. Na súa xira 2010-2011, Dani Martín ofreceu máis de 120 concertos aos que asistiron máis de 300.000 persoas.

Entre as súas colaboracións máis destacadas como solista merecen especial mención as realizadas con Tony Bennett para o seu álbum “Viva Duets” onde cantan a dúo o clásico “Are you having any fun” que sería o primeiro single extraído dese álbum, e con Miguel Bosé con quen canta a dúo para o seu álbum “Papitwo” o tema “Te digo amor”.

O novo álbum de Dani Martín titulado “Dani Martín”, segundo en solitario, publícase o 17 de setembro do 2013 de forma simultánea en España e América. Foi gravado nos Ángeles, Miami e Madrid, e producido por George Noriega (gañador dun Grammy e produtor de Shakira, Ricky Martin, Jennifer López e Gloria Estefan) e por Bori Alarcón.

Os músicos que participaron na gravación son a banda de Paul McCartney: Abe Laboriel Jr. (batería, percusión), Rusty Anderson (guitarra) e Brian Ray (baixo). Este disco tamén inclúe unha colaboración de Joaquín Sabina que canta a dúo con Dani Martín o tema “Por las venas”.

As mesturas do álbum correron a cargo de Michael Brauer (Rolling Stones, Bob Dylan, Paul McCartney, Coldplay, John Mayer, Wilco, Ron Sexsmith…) en Electric Lady Studio (Nova York) e a masterización é obra doutro mestre: Bob Ludwig (Led Zeppelin, Jimi Hendrix, The Police, Madonna, Eric Clapton, David Bowie, Radiohead, Nirvana, Green Day, Dire Straits…). Nomes que escribiron a historia do pop e do rock no último medio século.

"Cero", primeiro single do seu segundo álbum en solitario foi núm. 1 en itunes durante 1 mes, núm. 1 na lista de cancións durante 6 semanas consecutivas, e núm. 1 en radio durante 7 semanas consecutivas.

O lanzamento do seu novo álbum, preséntase en diferentes e novos formatos. Todo se coidou ata o extremo dende o principio, cunha campaña única e nova. O álbum tamén rompe moldes noutros aspectos do seu lanzamento. Así, Dani Martín é o primeiro artista español en ofrecer a escoita en streaming do disco íntegro en iTunes.

Dani Martín realizou no 2013 unha xira de 12 únicos concertos en España que compaxinou con continuas visitas promocionais a América e unha xira por ese continente durante o 2014 no que tamén dará máis concertos en España.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión