DEAD COMBO lanzou o seu sexto álbum de estudio en Portugal o pasado mes de abril e entrou directamente ao #1 en todas as listaxes de éxitos portuguesas. " Odeon Hotel"
Para público en xeral
31/01/2019
Xa rematou
20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)
8,00 / 10,00 / 14,00 € (6,00 € 1ª fila de principal por visibilidade reducida) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, - 25 % (só no despacho de billetes))
(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)
I-radia Crea SL
Gravado e producido por Alain Johannes (Queen Of Stone Age, PJ Harvey, Chris Cornell etc.) - resume moi ben a combinación perfecta entre o son tradicional portugués e a visión universal xa existente na composición das cancións de DEAD COMBO.
O novo disco, dispoñible en CD e dobre vinilo máis CD, ten 13 incribles temas que fan que a oínte viaxe a un hotel esquecido no tempo. A historia visual foi gravada con lendas portuguesas como Alexandre Frazão á batería, Bruno Silva á viola de arco, percusións de Mick Trovoada e João Cabrita ao saxo. Alain Johannes, ademais das tarefas de produción e mestura, tamén toca no álbum. Un dos moitos momentos que ofrece este apaixonante disco é sen dúbida a presenza do cantante e compositor norteamericano Mark Lanegan que leva a súa voz profunda e única de barítono ao tema "I Know, I Alone", un dos poemas máis belos e aclamados escritos en inglés polo poeta portugués de renome internacional, Fernando Pessoa.
"Odeon Hotel" presentouse en directo en Portugal e será o punto de partida dunha ampla xira que se prolongará desde 2018 ata 2019 e traerá o grupo á Coruña.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible