Taller para bebés de 1 a 3 anos acompañados dos seus pais.
Pais e nais cos seus bebés de 1 a 3 anos.
Dende o 08/10/2013 ás 17:00 ata o 29/10/2013 ás 18:30 , os martes
Xa rematou
Dende o 19/09/2013 ata o 08/10/2013
Martes de outubro: de 17.00 a 18.30 h.
4 sesións: 8, 15, 22 e 29 de outubro.
Hora e media
Inscrición: 20 €.
Na conserxería do Ágora a partir do 19 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 h.
Imparte: Galensigna.
Este taller está destinado a transmitir e compartir coñecementos e técnicas co fin de mellorar e favorecer as habilidades de comunicación entre os nenos e nenas e os pais. Para conseguir este obxectivo empregamos a aprendizaxe a nivel básico da lingua de signos.
A lingua de signos mellora a capacidade comunicativa, a fala e o desenvolvemento da linguaxe, estimula o desenvolvemento psicomotor do bebé, ademais de facilitar a sociabilidade no grupo. Todos os nenos e nenas, de calquera idade, benefícianse do uso da lingua de signos.
No caso dos máis pequenos a lingua de signos axúdalles a experimentar os primeiros xestos comunicativos nunha dimensión máis ampla e integral.
Prazas limitadas: 12 bebés acompañados dos seus pais.
Inscrición na conserxería do Ágora, a partir do 19 de setembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible