As mellores estreas de cinema documental durante todo o ano!
Para público en xeral
02/11/2021
Xa rematou
20:00h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
96 minutos
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
2.50 €
(Carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
*Imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada en despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección
Será de OBRIGADO cumprimento
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar a proxección debe facelo con entrada
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
Krilli prepara a sopa de lagosta. O seu irmán Alli senta cos vellos pescadores, o último boxeador da illa e o tradutor do Quixote a islandés. Cada día atopan unha solución aos grandes problemas do mundo. A sopa é tan exquisita que atrae multitude de autocares cargados de turistas. O éxito da sopa supera todas as expectativas ata o punto de captar o interese dun sambiciosos investidores. Queren comprar o local, amplialo e pendurar un grande esqueleto de balea na parede. Unha comedia deliciosa, con ingredientes doces, picantes e melancólicos, sobre a alma humana e a vida en comundidade remata por se converter nunha radiografía da decadencia consumista do mundo occidental. Dirección: Pepe Andreu, Rafa Molés
España, Islandia, Lituania - 2020
VO en islandés e inglés con subtítulos en español
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible