A Asociación veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros organiza a proxección do documental "O próximo baile será comigo"
Para público en xeral
07/09/2026
19.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros
Enderezo: avda. do Exército, 52, 15006 A Coruña
Teléfono: 981 298 122
www.facebook.com/redeoza.org
O próximo baile será comigo, unha obra de Sabela Losada Cortizas que aborda, en primeira persoa, a importancia do apoio mutuo entre mulleres fronte á violencia machista.
O documental, que xa xerou un importante interese e debate, foi preestreado en Santiago, recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 da Deputación da Coruña, un recoñecemento que pon en valor o seu achegamento á igualdade e á reflexión social.
Unha mirada sobre a forza do apoio mutuo
O próximo baile será comigo, pon o foco na importancia da sororidade e do apoio mutuo entre mulleres, mostrando como este acompañamento pode resultar fundamental para afrontar situacións de violencia machista.
A obra tamén aborda unha realidade especialmente complexa: a falta de apoio social e institucional coa que en moitas ocasións se atopan as vítimas.
A través dunha mirada directa e en primeira persoa, o documental busca achegar o público a unha realidade que continúa presente na sociedade e promover unha refexión colectiva sobre a necesidade de acompañar, apoiar e non deixar soas as mulleres que sofren violencia.
O próximo baile será comigo, é un proxecto de Sabela Losada Cortizas, coa participación de Alicia García Sampedro, Carmen, Cata Alonso Abeijón, Merchi (nai de Alejandra Di Nuovo Gómez), Ysabel Marcano e Sabela Losada Cortizas. Conta coas cámaras de David González e Chema Montero, son de Francisco Gómez, montaxe de Susana Sotelo e Chema Montero, posprodución de son de Brais Barreiro e cor de Javier Brun.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible