Concello da Coruña

Concello da Coruña

"El hombre que plantaba árboles" da compañía Teatro Gorakada

"El hombre que plantaba árboles" de Jean Giono para público familiar a partir de 6 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/10/2022

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só se pode adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles)

Menores de 3 anos 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

forum@coruna.es

Esta é a marabillosa historia de Elzéard Bouffier, un pastor imaxinario, aínda que totalmente crible, que durante moitos anos dedicouse a plantar árbores nunha extensa zona de Provenza e que fixo unha zona chea de vida e de verdor do que antes era un ermo abatido.

O relato do autor iníciase en 1913, época na que coñece ao pastor solitario que plantaba árbores, e termina nesa mesma comarca máis de trinta anos despois, cando a visita despois da guerra e a atopa convertida nun verxel.

Este fermoso relato de Jean Giono encerra unha vigorosa mensaxe contra a destrución da vida e é un canto, sobrio e austero, á harmonía mediante a cal os seres humanos conservan e enriquecen a terra na que coexisten cos animais, uns e outros enriquecidos á súa vez polo silencioso, aínda que sensible, reino vexetal.

Teatro con música en directo

Duración: 50 min

Idioma: castelán

Con Sandra Fernández Aguirre

Dirección: Jose C. García

Venda de entradas

  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)
  • Venda en liña: ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión