Retrato dunha familia española nos anos 60 formada por un pai autoritario, unha nai submisa, un fillo beato e dúas irmás que se odian entre elas.
Para público en xeral
23/07/2020
Xa rematou
22.30 h
A carga de virulencia e nihilismo que a película de Fernán Gómez fai da sociedade franquista fixo que a censura a sacase da circulación ao pouco da súa estrea. Felizmente reestreada hai uns anos, destápase como unha das mellores películas do seu director.
Convidado: Jorge Linheira (crítico cultural)
Jorge Linheira. Investigador en políticas culturais, coordina o proxecto Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2020). Autor de La cultura como reserva india.
Venda anticipada: desde as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com
Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: aberto só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.
NORMAS DE ACCESO
O acceso ao recinto realizarase pola porta posterior do Fórum Metropolitano, r/ Posse.
As butacas estarán situadas a 1,5 m de distancia. Capacidade limitada a 48 butacas.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso da máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca que lles asigne o persoal de sala do recinto. Non está permitido o seu desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible