Espectáculo non recomendado para menores de 16 anos e non está permitido o acceso a menores de 14 anos.
Para público en xeral
19/09/2020
Xa rematou
20.00 h
Etiqueta Negra Producciones SL
"La vida moderna Live Show" nace do fenómeno de humor levado a cabo por David Broncano, Quequé e Ignatius Farray.
«Corría o ano 2014 cando Cadena SER lle encargou a David Broncano un programa de radio cuxo exiguo orzamento só lle deu para contratar dous señores maiores con problemas co alcol: Quequé e Ignatius.
Contra todo prognóstico, o que comezou sendo un programa especial para cubrir as vacacións das estrelas da SER, acabou converténdose nun espazo semanal primeiro e diario despois, arredor do cal se reunían miles de persoas con evidentes problemas de aceptación social e/ou simpatizantes de UPyD.
Dado o éxito da súa proposta, estas tres promesas novas da comedia preguntáronse "Como podemos perpetuar a estafa?" E así xurdiu a idea de trasladar aos teatros o desasosego, o estupor e a preguiza que nos xera a vida moderna».
O show, que bordea os límites do humor e dá renda solta ao absurdo, naceu en 2014, a partir dun programa de radio. Ese mesmo ano deron o salto aos escenarios co seu homólogo teatral "La vida moderna Live Show". Foi na Sala Galileo, local de referencia en Madrid. A finais do 2016 saíron da capital e fixeron a primeira xira e pasaron por Valencia, Barcelona, As Palmas e Tenerife.
Desde entón, "La vida moderna Live Show" é un éxito alá onde vai: con case todos os espectáculos con entradas esgotadas durante esta xira na que houbo proclamas de todo tipo, cancións, improvisacións co público, espidos, pasadas de freada e recollidas de cable.
A xira 2018-2019 formárona 17 actuacións que reuniron máis de 50.000 espectadoras/es. O tour finalizou o 28 de xuño no WiZink Center de Madrid ante 7.500 espectadoras/es.
BREVE TRAXECTORIA DOS ARTISTAS
David Broncano
David Broncano (1985) é un dos humoristas máis famosos de España con máis de 10 anos de experiencia no sector. Actualmente presenta "La resistencia", un dos programas de televisión diarios máis vistos. En radio, dirixe e presenta "La vida moderna".
Gañador de 3 premios Ondas, un por "A vivir que son dos días" en 2015, en 2018 polo programa de radio "La vida moderna" e en 2019 por "La resistencia".
Quequé
Héctor de Miguel Martín (1977), coñecido artisticamente como Quequé, é un coñecido humorista cunha longa carreira nos medios de comunicación españois. Participou en numerosos programas de TV, radio e pateou todos os bares, salas e teatros do país con varios shows de monólogos e espectáculos teatrais.
Actualmente é o presentador do programa de televisión "Loco mundo" e do programa de radio "La lengua moderna".
Tamén está todos os días en "La vida moderna".
Ignatius Farray
Juan Ignacio Delgado Alemany (1973), coñecido como Ignatius Farray, é un comediante, actor e guionista español que leva dedicándose ao mundo da comedia desde hai máis de 20 anos. Aínda que non foi ata a estrea de "La vida moderna", que a súa peculiar maneira de facer humor o catapultou á fama.
A parte de gañar o Ondas polo programa de radio, tamén foi nomeado en 2018 aos Premio Emmy na categoría de mellor serie de comedia internacional.
Mercar entradas EMHU 2020 - La vida moderna Live Show A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible