A Fundación Biblioteca de Casa do Consulado, organiza este ano un ciclo de conferencias sobre: Expedicións e viaxes marítimas
Para público en xeral
Dende o 03/11/2022 ata o 24/11/2022
Xa rematou
Xoves de 19.30 a 20.45 horas.
Duración de cada xornada: 45 minutos de conferencia e debate posterior.
Biblioteca da Casa Consulado. Praza Pintor Álvarez Sotomayor (Casa Consulado) 1, Bj. 15001 A Coruña
100 (atenderase a rigorosa orde de inscrición)
gratuíto
Inscrición previa
jpadinm@gmail.com
bibliocasaconsulado@gmail.com
Tras protagonizar a primeira volta ao mundo, Elcano regresa ao mando de "La Victoria", cargada de cravo. Xérase con rapidez un entusiasmo polas novas perspectivas económicas e políticas e ábrese un mercado onde A Coruña xogaría un papel importante pola súa situación privilexiada. Créase a "Casa de contratación da especia" e organízanse varias expedicións e armadas que parten de dita cidade. As conferencias impartiranas recoñecidos especialistas e versarán sobre os aspectos máis significativos destes sucesos e episodios singulares desas viaxes marítimas; particularmente o destino dunha das naves que desaparece na viaxe de Loaysa. Estudarase tamén a emigración galega desa época e por último, a trasformación dos portos galegos ao ser lugares de partida das diferentes armadas e expedicións marítimas. Con estas xornadas, a Fundación Biblioteca da Casa do Consulado pretende a mellora do coñecemento e a difusión do seu legado histórico, así como das actividades económicas e sociais relacionadas coa cidade e a Comunidade Galega.
Organiza: Fundación Biblioteca da Casa do Consulado
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible