Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición "O mosaico da vida"

Reúne fotografías persoais dos participantes nos Talleres de Memoria levados a cabo no 2013 con mocidade inmigrante e persoas maiores emigrantes retornadas do barrio Agra do Orzán da Coruña no proxecto Agra-Activa de Ecos do Sur, dentro do Proxecto URBANA-C, financiado polo FEDER.

Cando:

Dende o 16/12/2013 ata o 21/12/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre.

Organiza:

Ecos do Sur

Resultado dos Talleres de Memoria levados a cabo no 2013 con xuventude inmigrante e persoas maiores emigrantes retornadas do barrio Agra do Orzán da Coruña no proxecto Agra-Activa de Ecos do Sur, a exposición “O mosaico da vida” reúne fotografías persoais dos participantes neles, é dicir, dos galegos que emigraron a diferentes países, principalmente latinoamericanos (Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil,…) e no seu retorno estableceron a súa residencia na Agra do Orzán, con inmigrantes novos orixinarios deses países que no seu proceso migratorio tamén estableceron a súa residencia no barrio da Agra do Orzán.

Nesta exposición nútrese da cesión temporal de imaxes persoais destas persoas retratadas tanto naqueles países de orixe ou emigración, como na súa convivencia multicultural actual no barrio Agra do Orzán.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión