Exposición no Palacio Municipal para os lectores de cómics máis nostálxicos.
Dende o 04/08/2014 ata o 04/09/2014
Xa rematou
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1, Bj. 15001 A Coruña
A exposición "Clásicos del tebeo", comisariada polo especialista e coleccionista Jaume Vaquer, recolle uns sesenta orixinais de historietas publicadas en revistas españolas entre os anos 30 e 80, con especial incidencia en cómics de finais dos 40 ata os 60.
Nela o visitante poderá contemplar mostras do mítico TBO, que daría nome aos populares "tebeos". Autores como Benejam, Opisso ou Coll e personaxes como La familia Ulises ou Los grandes inventos del TBO marcaron unha época co seu humor branco, amable e cun punto costumista.
A escola Bruguera era máis áspera, máis negra, máis violenta. Alí naceron os travesos Zipi e Zape ou a desagradable Dona Urraca, antes de que chegasen Mortadelo e Filemón, os personaxes máis populares do cómic nacional. A inicial Pulgarcito tería cos anos moitos irmáns: Tio Vivo, DDT, Din Dan, Mortadelo…
Máis esquecida pero igualmente importante foi a escola valenciana de humor, onde autores como Sanchís ou Palop e personaxes como El soldadito Pepe ou Bartolo o vago en cabeceiras como Pumby ou Jaimito.
Pero non só había semanarios de humor. Tamén eran típicos os cadernos de aventuras ou as escasas páxinas serias dos semanarios con personaxes como El Capitán Trueno, El Jabato, Purk, el Hombre de piedra, El Inspector Dan ou El Doctor Niebla con autores como Víctor Mora, Ambrós, Ángel Pardo, Francisco Darnís, Manuel Gago, Eugenio Giner, Francisco Hidalgo ou Boixcar.
Pero a historia do cómic é algo máis que os personaxes e autores das editoriais Buigas (TBO), Bruguera e Valenciana. Tamén houbo tiras de prensa, editoriais como Maga, como Marco, como La Hispano Americana, revistas que empezaron a imitar modelos europeos a finais dos anos sesenta como Gaceta Junior con personaxes como Dani Futuro.
De toda esta riqueza intentouse mostrar algo nesta exposición. Personaxes memorables, autores míticos, materiais orixinais históricos e practicamente inencontrables. Amantes do cómic, da historia, da cultura, benvidos.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible