Falando a boca chea na Biblioteca, sesión de contacontos para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
De 2 a 4 anos
Infantil, Familias
20/04/2018
Xa rematou
Dende o 13/04/2018 ata o 20/04/2018
De 18 a 19 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Contacontos especial para nenos e nenas a cargo de Caxoto dentro do programa do Forum Metropolitano Falando a Boca Chea...
Neste espectáculo Caxoto Contacontos fai acopio dos seus mellores recursos habituais para estruturar unha sesión na que se compaxina a imaxe, a voz e a música en directo.
Arredor dos cantos de berce iremos abordando historias e xogos nos que participar tanto o público infantil como nais e pais. Historias de ratiños que se acubillan no colo da lúa, longas xuntanzas onde se decide quen será o rei (ou raíña) dos animais, a primeira vez que unha nena ve o mar e sente as areas escorregar entre os seus dediños miúdos.
Un paseo polos momentos previos ó sono e ós soños que rematará nun tenro canto de berce colectivo ó son das ondas do mar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible