Ateneo de Ourense
Para público en xeral
Dende o 03/12/2017 ata o 29/12/2017
Xa rematou
(Inauguración venres 3 de decembro ás 19.00 h)
- Luns: pechado
- De martes a sábado
Mañás de 11:00 a 13:30 h
Tardes: de 18:00 a 20:00 h
- Domingos e festivos
Mañás de 12:00 a 14:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Cando hai un par de anos retomei a fotografía, atopeime que os poucos produtos que me quedaban na neveira do laboratorio estaban caducados. A solución foi investigar en Internet. Alí atopeime cunha web dunha empresa que tiña de todo e máis, pero á vez esta empresa tiña unha web cun foro destinado aos fotógrafos trasnoitados coma min. Ao entrar nela decateime de que había outra, logo outra,...
Enseguida rexistreime nos tres foros e empecei a participar activamente en cantidade de conversas, discusións e debates técnicos e artísticos que se producían sen solución de continuidade. De súpeto atopeime rodeado virtualmente por unha cantidade de amigos que gozaban e apreciaban o mesmo ca min: a fotografía tradicional...
Por outra banda, en Ourense desde hai máis de vinte e cinco anos realízase un evento, o "Outono fotográfico", que reúne durante os meses de novembro e decembro máis de cen exposicións en toda a xeografía de Ourense e provincias limítrofes, mesmo de Portugal.
Dáse a circunstancia de que o Ateneo de Ourense, de cuxa directiva formo parte, colabora todos os anos co Outono. Cando no Ateneo estabamos a planificar a colaboración co Outono fotográfico do ano pasado, xurdiu a idea de facer unha convocatoria para unha exposición colectiva a fotógrafos de toda España.
Púxenme en contacto a través dos anteditos foros con todos os compañeiros e ao final conseguimos unha participación de trinta e oito fotógrafos de toda España.
A condición era que todas as fotos estivesen feitas con técnicas tradicionais ou históricas.
De aí o título "Falando en prata", o metal nobre, elemento fotosensible da fotografía tradicional.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible