O Festigual volve á Coruña desde o 1 de novembro ao 3 de decembro cunha programación que promove o acceso á cultura para todas as persoas.
Para público en xeral
Dende o 01/11/2023 ata o 03/12/2023
Xa rematou
Concello da Coruña
Fundación EMALCSA
O Festival das Artes pola Inclusión presenta a súa edición máis completa e variada.
Teatro, música, danza, grafitis, exposicións, encontros.
Volve o Festigual, o festival de todas.
Un proxecto que cumpre 7 anos e que busca romper coas trabas que atopan moitas persoas á hora de consumir cultura.
Esta edición celébrase do 1 de novembro ao 3 de decembro, Día Mundial das Persoas con Discapacidade e resalta pola súa transversalidade temática e participativa no que se refire á creación cultural.
O peche do festival estará a cargo do recoñecido grupo de pandeireteiras PAN.SEN.FRON liderado por Xurxo Fernandes.
A programación, pensada para facilitar o acceso á cultura a calquera persoa independentemente das súas capacidades, vertébrase ao redor das pezas artísticas nas que traballan durante meses asociacións e profesionais.
O Festigual arrinca no Teatro Colón o 1 de novembro coa segunda edición de "Música baixo as estrelas", unha gala na que participan os artista de rúa da cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible