"Footnote" é a historia dunha gran rivalidade, a que manteñen un pai e o seu fillo. Ambos os dous son profesores excéntricos que se dedican en corpo e alma ao seu traballo.
Para público en xeral
Dende o 17/11/2022 ata o 19/11/2022
Xa rematou
Xoves e venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00€
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €
Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
IMCE
forum@coruna.gal
O proxenitor parece un testán purista que despreza os parabéns do stablishment mentres que Uriel, o seu fillo, esfórzase na procura de recoñecemento e eloxios. Pero un día, as cousas cambian cando o veterano mestre é erroneamente premiado coa honra máis valiosa que se poida recibir. O mozo debátese entre o orgullo e a envexa. Será capaz de sabotar a gloria do seu pai?
Con: Lior Ashkenazi e Shlomo Bar-Aba
Israel, 2011 - 106 min (VOS en castelán)
APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible