Ola! Son Luigi Ludus, licenciado en Pedagoxía e mago case por casualidade. Entrei no mundo da animación por pura casualidade, subín a un escenario para facer de pallaso por primeira vez por pura casualidade, e fun a Sevilla a aprender maxia por pura casualidade. Menos mal que eu non creo nas casualidades.
Para público en xeral
03/09/2022
Xa rematou
19:00 h
70 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 5,00 €
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
**Todas as persoas que accedan ao auditorio no que terá lugar a función deben facelo con entrada.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
Un espectáculo de maxia onde a música toma un papel moi importante. Xogos con instrumentos musicais diferentes como as campás de hotel, xogos de maxia cantada como os "aros rapeados", un can de peluche que non só é poeta senón que tamén canta.
Un espectáculo ideal para que as/os máis novas/os da familia se internen no mundo do teatro por unha porta máxica e divertida.
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Fórum: os días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)
Venda en liña: ataquilla.com
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible