Ciclo de espectáculos de maxia para público familiar que combina ilusión, humor e fantasía
Para público en xeral
Dende o 12/09/2026 ata o 26/09/2026
19.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
Persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 2,00 €
* A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Todas as persoas que accedan ao auditorio deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de ocuparen ou non butaca.
Non está permitido comer na sala. Non está permitido entrar no auditorio con comida nin bebida (excepto auga).
Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O son e a luz molestan o resto do público e os/as artistas.
Co obxectivo de cumprir a normativa de evacuación, non se permitirá acceder á sala os cochiños de bebés, que se deberán deixar nos lugares habilitados para iso.
Recoméndase consultar as idades dos espectáculos. En calquera caso as/os menores deben estar acompañadas/os por unha persoa adulta.
Polas súas características especiais, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
12 de setembro
GALEROCK & MAGIC
Autoría: Héctor Guerra
Compañía: Mago Teto
Público: + 6 anos
19 de setembro
SINGULARIA
Autoría: Magia en la Manga, S. Coop. Galega
Compañía: Magia en la Manga
Público: + 6 anos
26 de setembro
2 ILUSIONISTAS IMPARES
Autoría: Maga Fani e Martín Camiña
Compañía: Maga Fani e Martín Camiña
Público: + 6 anos
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: www.ataquilla.com
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible