Concello da Coruña

Concello da Coruña

GERTRUD de Carl Theodor Dreyer

Cinenterraza - CULT MOVIES 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/07/2026

Horario:

22.30 h

Duración:

116 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para poderlle aplicar os descontos, é imprescindible que presente o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante esta.
  • Ao acceder á sala de cinema, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca.
  • Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán serlle requiridas polas persoas responsables da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Nina Pens Rode, Bendt Rothe, Ebbe Rode

Dinamarca 1964

Duración: 116 min

Proxección en VOSE

Non recomendada menores de 13 anos

Gertrud, unha muller madura, provoca un terremoto na súa contorna cando toma a decisión de separarse do seu esposo. A súa vida sentimental será sacudida por forzas imprevisibles.

Obra mestra de despedida dun dos grandes nomes da historia do cinema. Dreyer consegue aquí a perfección e o control absoluto de cada un dos elementos que conforman a súa película.

A depuración dun estilo levado ao sublime.

*Ao finalizar a proxección haberá charla-coloquio con

Bárbara Grandío, actriz

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión