Plan de apoio a Asociacións Veciñais para a realización de festas de carácter comunitario
Para público en xeral
Dende o 04/04/2018 ata o 24/04/2018
Xa rematou
É obxecto deste texto a convocatoira pública a asociacións veciñais constituídas legalmente e radicadas na cidade da Coruña, paa a recepción de proxectos culturais e festivos, co fin de deseñar de xeito colectivo as actividades que conformarán o calendario de actividades do IMCE, en relación coas festas de carácter comunitario, denominado FACEMOS COMUNIDADE.
O fin primordial da presente convocatorio é ofertar, de xeito coordinado co tecido veciñal da cidade, iniciativas e accións culturais que axuden á descentralización da súa oferta cultural. Por tanto, será un requisito imprescindible, que se trate de accións que axuden ao desenvolvemento comunitario dos diferentes barrios que a conforman.
Serán incluídos porxectos de asociacións unicamente veciñais, constituídas e sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio na cidade da Coruña, e que estean legalmente constituídas e rexistradas no REMAC na data de finalización do prazo de presentación de proxectos.
O prazo de presentación dos proxectos ou actividades será do día 4 de abril ao 24 de abril de 2018.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible