Historias de incorformismo social feitas e protagonizadas por mulleres
Para público en xeral
Dende o 14/12/2023 ata o 16/12/2023
Xa rematou
Xoves e venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar a proxección sen autorización da organización
• Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso)
613 04 27 87
Cinema Rabudo, a Mostra de Audiovisual Inconformista, volve un ano máis ao Fórum Metropolitano da Coruña os días 14, 15 e 16 de decembro ás 20.00 h, esta vez apostando pola mirada das mulleres realizadoras que dirixen as 7 pezas da mostra e que escolleron a outras mulleres como protagonistas das súas historias. Despois de cada proxección haberá coloquio coas realizadoras ou produtoras das pezas. A entrada é gratuíta ata completar capacidade. A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), co apoio financeiro da área de Cultura da Deputación da Coruña, pretende tamén xerar debate ao redor dun tema moi de actualidade: a penalización da protesta social. A penalización do activismo, das loitas ecoloxistas, da liberdade de expresión ou do aborto. Temas que non terían que entrecruzarse, pero que demostran como o sistema tende a restrinxir dereitos sempre que ten ocasión e son as persoas que alzan a voz as que reciben os maiores ataques.
Xoves 14 de Decembro 20.00 h
A ILUSIÓN DA ABUNDANCIA
Bélxica - 61 min
Erika González Ramírez, Matthieu Lietaert.
Coloquio posterior con Carmen Adoitar, delegada de EntreCulturas na Coruña.
Venres 15 de Decembro 20:00 h
NO CALLAREM
90 min
Claudia Arribas, Violeta Octavio e Carlos Juan.
Coloquio posterior con Fran García, produtor do documental
Sábado 16 de Decembro 17.30 h
NA PEL DA MEMORIA
14 min
Laura Piñeiro e Coral Piñeiro
MOTHERTRUCKERS
15 min
Paula Romeu
KALABUKÚ (a semente do cambio)
17 min
Andrea Bouzo
Coloquio posterior con Andrea Bouzo, directora de Kalabukú.
Sábado 16 de Decembro 20.00 h
O CORNO
103 min
Jaione Camborda
Coloquio posterior coa directora do documental
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible