Singapur, 1997: Os Lim son unha familia acomodada de tres membros – marido, muller e fillo – que recibe a Teresa (Angeli Bayani), unha muller filipina que veu ás metrópoles para servir, do mesmo xeito que moitas outras compartriotas súas na procura dunha vida mellor.
Para público en xeral
Dende o 20/01/2022 ata o 22/01/2022
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné Xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Toda a familia ten que adaptarse á presenza desta estranxeira, que altera aínda máis a súa relación xa tensa. Con todo, Teresa e Jiale (Koh Jia Ler), o problemático mozo ao que coida, pronto forman un vencello forte e afectuoso, que se vai desenvolvendo, dándolle ao mozo unha sensación de pertenza nunha familia que se desintegra aos poucos, mesmo vínculo que se verá ameazado pola irrupción de elementos externos -unha crise financeira- e internos na dinámica familiar que os cambiarán para sempre. Inspirada en feitos da infancia do seu director.
Con: Yeo Yann Yann e Chen Tian Wen
Singapura, 2013 - 99 min - (VOS en castelán)
Formato: Blu-ray
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible