Ciclo de cinema gratuíto sobre migracións e refuxio
Para público en xeral
Dende o 26/09/2022 ata o 29/09/2022
Xa rematou
Todas as proxeccións comezarán ás 18:30 h
2,30 h aprox.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Gratuíto
Se queres colaborar co traballo da ONG Aire podes facer un donativo a través de BIZUM /donativos/ong aire/ COD 00095
ONG Aire
Coordinador e moderador do ciclo: Javier Trigales
"Os ollos abertos" é un ciclo de cinema que na súa cuarta edición se realizará na Coruña do 26 ao 29 de setembro. Durante eses días proxectaremos catro películas que afrontan os problemas relacionados coas migracións desde unha perspectiva positiva e esperanzadora. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio no que profundaremos sobre a temática proposta pola película.
Escollemos catro títulos que abarcan diversas formas de abordar as migracións desde ópticas construtivas, solidarias e optimistas (no posible) para incidir en dinámicas que poidan achegar elementos positivos á hora de encarar o futuro. Os argumentos das películas tocan de maneira tanxencial ou de forma contundente unha serie de temas que nos darán pé para falar das seguintes temáticas:
Yo, un negro (Jean Rouch, 1958)
Coloquio: Michel Adje, Mustapha Kone e Emmanuel Mbankwop, migrantes marfileños na Coruña.
Pan y rosas (Ken Loach, 2000)
Coloquio: Hortensia Rossi Decena, migrante e voluntaria e Saamira Ganay, actriz e presentadora.
Girlhood (Céline Sciamma, 2014)
Coloquio: Jeane Costa, muller afrodescendente feminista, migrante. Educadora e sexóloga.
Todos nos llamamos Ali (Rainer Wener Fassbinder, 1974)
Coloquio: Belén Fernández Suárez. Profesora de Socioloxía na UDC, membro do equipo de investigación de sociedades en movemento - ESOMI
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible