Anos 80. Reyhan, Nurhan e Havva son tres irmás que viven co seu pai nunha remota aldea da Anatolia central.
Para público en xeral
Dende o 13/01/2022 ata o 15/01/2022
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné Xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Unha tras outra son enviadas á cidade para traballar como criadas en familias adoptivas acomodadas coa esperanza de conseguirlles unha vida mellor, mais un tempo despois, as tres vense obrigadas a regresar por circunstancias imprevistas. Por primeira vez en varios anos, as tres irmás volven estar xuntas na súa aldea natal, onde se enfrontan a novas contornas, relacións e enfrontamentos inesperados.
Con Cemre Ebuzziya e Ece Yüksel
Turquía, 2019 - 111 min - (VOS en castelán)
Formato: Blu-ray
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible