Unha doutora nova séntese culpable por non lle abrir a porta da súa consulta a unha moza que foi atopada morta ao día seguinte, sen identidade.
Para público en xeral
Dende o 11/01/2018 ata o 13/01/2018
Xa rematou
- xoves 20:15 h, venres 20:15 e sábados 17:15 e 20:15 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros )
* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
* Sesión do espectador: sábados ás 17:15 h. Prezo único: 1,50 €
981 184 293
Boa parte dos protagonistas do cinema dos Dardenne cometen un erro que intentan emendar para demostrar que o home non se define só polas súas accións, senón por entender as consecuencias que se derivan delas. A novidade é que o camiño cara á redención que emprende a doutora de 'La fille inconnue´ ten o aspecto dunha investigación policial: hai que atopar o asasino. Jenny Davin posúe un ríxido código moral, vive nunha soidade extrema e cre no traballo ben feito. É unha detective con bata branca. É na creación dese personaxe, que serve de ponte entre o realismo social que caracteriza a obra dos belgas e a declinación cara a un cinema de xénero procedimental, onde se atopa o punto forte da película.
Paradoxalmente, iso convértea na máis convencional de todas as súas e, ata certo punto, a menos intensa e emotiva.
- VENDA ANTICIPADA: en conserxería, de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h
-VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO FÓRUM METROPOLITANO: desde media hora antes de cada pase.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible