Un espectáculo sobre a historia silenciada, o descubrimento da expresión artística, o valor revolucionario da pedagoxía e o poder transformador da arte e a palabra.
Para público en xeral
18/01/2020
Xa rematou
18.30 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece a función.
60 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 € (aboamento 3: 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
IMCE
La niña azul cóntanos a historia real da artista Katia Acín, que abandona a súa vocación tras o fusilamento dos seus pais: o artista e pedagogo Ramón Acín e Conchita Monrás. Katia pérdeo todo, ata o nome, e deberá continuar adiante como Dona Ana María, profesora de historia, pero... quE historia?
Dramaturxia e interpretación: Elena Gómez Zazurca
Voz en off: Pilar Barrio e Kike Lera
Actriz vídeo: Alicia Lera
Dirección e música: Kike Lera
Compañía: Zazurca Artes Escénicas
Público: + 6 anos
Espectáculo en castelán
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades dispoñibles)
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible