Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2018

A nova tempada do ciclo TRC Danza comeza este sábado coa estrea da peza '50 minutos de simulación programada'

A Programación Expandida do ciclo do Teatro Rosalía ofrecerá mañá unha conversación aberta ao público do creador coruñés Félix Fernández co guionista Javier Trigales, na que porán sobre a mesa diversas cuestións sobre o cine e a performance

O Teatro Rosalía de Castro acollerá este sábado a estrea da obra 50 minutos de simulación programada, do artista coruñés Félix Fernández. Con este espectáculo, que cuestiona o uso da tecnoloxía na sociedade actual, iníciase a nova tempada de danza do equipamento municipal, que se prolongará até o o 14 de decembro. Fernández, recoñecido polo seu traballo como artista visual multidisciplinar, presentará un traballo de longa duración protagonizado unicamente por el sobre as táboas do equipamento de Rego de Auga, que integra o vídeo na escena e que que supón unha experiencia escénica envolta nunha estética de videoxogo habitada por dous avatares que desenvolven accións vinculadas ás súas respectivas identidades cosplay.

As entradas para o espectáculo pódense adquirir a través das canles habituais, como son o despacho central de billetes da praza de Ourense, a televenda a través do teléfono 902.044.226, o web www.ticketea.com ou no propio despacho de billetes do Teatro no día do espectáculo, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Tal e como sucede nos distintos ciclos de artes escénicas municipais, o colectivo de persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove contan con bonificación á hora da compra da entrada.

Coa posta en marcha da nova tempada do ciclo TRC Danza, iníciase tamén o proxecto de mediación cultural vinculado ao mesmo, Programación Expandida, unha iniciativa que ten, como finalidade, a aproximación das artes do movemento á veciñanza a través de actividades complementarias aos espectáculos. Tras a conferencia que Félix Fernández ofreceu esta semana na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, mañá xoves, ás 19.00 horas, o Museo de Arte Contemporánea MAC acollerá unha conversa aberta á cidadanía sobre cine e performance entre o propio creador coruñés e o guionista e coordinador do ciclo Cinenterraza do Fórum Metropolitano, Javier Trigales. A idea da conversación será poñer sobre a mesa os vínculos entre as artes visuais e do movemnto, así como facer un percorrido comentado a través da obra de ambos artistas e doutros referentes do sector.

Para máis información sobre TRC Danza e o proxecto Programación Expandida, pódese visitar a páxina www.facebook.com/trcdanza así como o web www.pe-trcdanza.gal.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión