Un caderno de bitácora da Fundación Luis Seoane
Familias, Infancia, Para público en xeral
Dende o 21/03/2020 ata o 18/04/2020
Xa rematou
A Fundación Luis Seoane ofrece actividades en liña a través da plataforma Zoom para que as/os nenas/os e as familias compartan coñecementos, entrevisten as persoas invitadas e propoñan actividades para estes días de peche. A obra de arte, o pensamento e o traballo de Luis Seoane serán os motores do Laboratorio.
A actividade durará unha hora, de 17.00 a 18.00 horas. Durante este tempo, as/os nenas/os e as familias que desexen acompañalas/os traballarán cos textos, obras de arte e publicacións de Seoane. Poderán entrevistar e falar coas persoas invitadas sobre temas como poesía, deseño, creatividade, historia...
Fermín Blanco + Silvia Longueira
A actividade é gratis. Para participar, debe completar un formulario de rexistro descargable a través da seguinte ligazón:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible