Unha película tan indescritible como divertida. Na liña do mellor Woody Allen e Billy Wilder en termos de audacia, creatividade e orixinalidade en forma e contido.
Para público en xeral
Dende o 23/09/2021 ata o 25/09/2021
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
85 min
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Sábado ás 17.30 h, sesión do/a espectador/a. Prezo único: 1,50 €
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que acredite o desconto no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se se comprou en liña.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
A primeira lembranza que teño da miña nai é de cando tiña catro ou cinco anos: chamábanos aos meus dous irmáns e a min mesmo á mesa dicindo: "Guillaume e os mozos, á mesa!"» e a última vez que falei con ela por teléfono, colgou dicindo: "Cóidate, miña nena grande." E, ben, entre estes dous momentos houbo un bo número de malentendidos.
Ano: 2013
País: Francia
Intérpretes. Guillaume Gallienne, Françoise Fabian
Cualificación. Non recomendada para menores de 7 anos
Proxección en BluRay
Proxección en VOSE
Quincena de Realizadores de Cannes 2013: Premio Mellor Película segundo a Asociación Internacional de Exhibidores (CICAE) e Premio Mellor Película segundo a Asociación de Autores Franceses (SACD)
Premios César 2013: Mellor Película, Mellor Ópera Prima, Mellor Actor, Mellor Guión Adaptado e Mellor Montaxe
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Fórum Metropolitano: desde media hora antes de cada proxección. (pagamentos en efectivo)
Venda en liña: non dispoñible
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible