Concello da Coruña

Concello da Coruña

Les temps de cerises de Angel Cardín Torallo

Convidámosvos ó acto de presentación do libro “Les temps de cerises”, de Angel Cardín Torallo, que terá lugar o vindeiro mércores, 20 de marzo, ás 19:30 h. na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panaderas, 12). Intervirán: Carmen García Rodeja, representanhte da ARMH, Nicanor Acosta, activista, Luis Pérez, profesor de Literatura e o autor, Angel Cardín, escritor e economista.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/03/2019

Xa rematou

Horario:

19:30 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

O acto contará coa actuación musical de Noemí Cubillo e Fernando Fraga. 

O libro é o testemuño da vida na prisión de Caranza nos últimos anos do franquismo. A obra repasa os diversos tipos de presos, os xuízos aos que son sometidos, as duras condicións de vida no cárcere así como os castigos sufridos que o autor  Angel  Cardín vivíu entre 1968 e 1970. As súas reflexións amplíanse sobre a evolución da xustiza militar ata hoxe en día e as circunstancias socioeconómicas de Ferrol.Fálase da Construción Naval e os seus problemas, dos sucesos do 10 de marzo de 1972 ( en que foron ametrallados os obreiros de Bazán resultando dous mortos e 60 feridos ) e do papel da Prisión de Caranza neses anos. Tamén recorda aos seus compañeiros, entre eles ao sacerdote Llido, morto despois pola ditadura de Chile e outros presos coñecidos que pasaron por ese penal como o golpista Miláns do Bosch .Angel  Cardín é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao, ampliou os seus estudos na Universidade de Parides. Alí foi representante dos estudantes españois e viviu de primeira man os sucesos de maio o 68. Experto en temas de vivenda, banca, investigación de mercados e demografía, foi profesor nas Universidades de Madrid e Galicia, especialista na cultura de azabache publicou tamén sobre este tema. foi tamén executivo en varias empresas e director en Galicia do Banco Hipotecario de España. Cardín é un histórico loitador pola democracia polo que sufríu represalias desde que era novo.

Este acto forma parte do ciclo Habitar a palabra que organiza a ARMH en colaboración co Concello da Coruña . A exposición/intervención pódese visitar ata o 30 de marzo en Casa Museo Casares Quiroga. Convida aos visitantes da exposición a participar no territorio da Memoria a través dos recordos dos presos políticos durante a represión franquista e a correspondencia carcelaria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión