Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luís López "Gabú"

Ecléctico camiño de Santiago á Habana

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/03/2021 ata o 11/06/2021

Xa rematou

Horario:

L/V de 10.00 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 20.30 h.

S de 12.00 h. a 14.00 h.

Enderezo:

Espazo Moret Art. Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Contacto:

A través desta mostra, "materializa o ecléctico do Camiño de Santiago coa ecléctica gran cidade da Habana" e convídanos a reflexionar sobre os lazos galegos que vinculan estes dous mundos; un Camiño milenario que atrae a miles de persoas cada ano, e unha cidade que foi destino de numerosos "peregrinos" galegos en busca de prosperidade durante a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX. Ambos resultan fundamentais na definición da identidade galega, cuxos símbolos arquitectónicos son a Catedral de Santiago, e o Centro Galego da Habana, pois como afirma o autor: "alí interprétase por primeira vez de maneira oficial o himno galego, acúñase a bandeira galega e nace a Asociación protectora da Academia Galega. Aínda que é Galicia onde se sitúa o edificio máis importante para os galegos, a incomparable Catedral de Santiago de Compostela, é A Habana lugar para o edificio máis importante e belo construído polos galegos fóra de Galicia".Nas imaxes do Camiño e o seu correspondente ritual do botafumeiro na catedral, o artista focaliza a súa atención no Divos Sol, de tal modo que nos mostra principalmente en branco e negro un universo dotado de atmosfera con luces e sombras no que non só entende como rito o que acontece no espazo sacro, se non que concibe como grandes templos do periplo as árbores de abstractas ramaxes que o arroupan e ao mesmo tempo envolven ao peregrino. Son case todas fotografías do Ano Santo de 2010 que mostrou na capital cubana no ano 2015, o inicio dun percorrido que agora con esta mostra atopa o seu camiño de regreso a través do seu persoal e artística visión da Habana desde un enfoque espiritual e nostálxico provocado polo silencio e o paso do tempo. Aparecen captados en cor, en ocasións en diferentes anos, emblemáticos lugares como os outrora pioneiros grandes almacenes Fin de Século, o Centro Galego ou a rúa Neptuno, que evidencian como se tornou esbrancuxada e fría a característica luz ámbar que outrora definía A Habana nocturna, ou tamén o soado Ballet Nacional de Cuba, unha das compañías de danza con maior prestixio a nivel mundial.Luís López "Gabú" (A Coruña, 1963) é principalmente fotógrafo, e tamén pintor, de formación autodidacta. Unha parte da súa traxectoria vital transcorre viaxando en solitario por lugares que afán estar fose do mapa mental do mundo occidental como África subsahariana (Guinea Bissau -de aquí toma o seu nome artístico: Gabú-, Guinea, Mauritania, Senegal e Mali), Etiopía, Somalia, O Magreb, Amazona brasileira, Colombia, Cuba, Santo Domingo, Haití e Indochina (Birmania, Tailandia, Laos e Vietnam). Comeza o seu traballo artístico na década dos noventa e desde entón realizou exposicións colectivas e individuais no Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid, no Consulado de España en Hannover (Alemaña), así como na Habana, Tokyo, Montevideo, Buenos Aires, e diversas cidades da xeografía galega e española. É colaborador artístico do Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid. Entre os galardóns obtidos ao longo da súa traxectoria, cabe destacar o premio unanimidade do xurado Isaac Díaz Pardo e o segundo premio da Academia de Belas Artes da Coruña. Así mesmo, a súa obra atópase representada en coleccións como a do Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid, Endesa, Abanca, Deputación da Coruña ou a do Ministerio de Traballo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión