Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Alana"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/04/2024

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 29 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Alana" de Ana Guélez.

SINOPSE:

Un acontecemento ocorrido trece anos atrás por superar.

Unhas chamadas misteriosas que farán cambalear a miña vida.

Unha palabra que marcou a miña forma de pensar.

A miña paixón pola fotografía.

Un destino desexado.

Amizade, medos, superación...

E unha persoa que está obsesionada por levar a cabo o seu labor. Seá quen de logralo?

Acompáñasme para descubrilo?

BIOGRAFÍA DE ANA GUÉLEZ:

Son colleita de xaneiro de 1985. Crieime entre a mila vila, Arzúa, e a miña cidade, A Coruña (considereime sempre de ambos os sitios).

Actualmente resido en Navarra.

A escritura forma parte de min desde os doce anos, cando escribín o meu primeiro relato. Deixaba voar a miña imaxinación e enchía cadernos con historias que medraban comigo.

Son unha muller autodidacta. Sigo aprendendo e formándome, tanto en temas de escritura como en crecemento persoal e saúde mental.

Publiquei a miña primeira novela no ano 2016. Colaborei en varias antoloxías benéficas e teño varios libros publicados.

A esencia das miñas historias non só se centra na intriga, senón tamén en personaxes que se enfrontan ás súas emocións.

Acceso libre ata completar capacidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión