Concello da Coruña

Concello da Coruña

Macaco

"El murmullo del fuego", que comeza así: "Lo cierto es que el sol, como una inmensa escoba luminosa, rompió de repente la niebla y la empujó a lo lejos. Hizo ¡plof! y se esfumó".

Cando:

17/08/2013 ás 22:00

Xa rematou

Enderezo:

Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta.

É a voz de José Saramago a que abre o disco como querendo alentar o carácter, marcar o rumbo das 14 cancións dun álbum brillante, vitalista e positivo, impulsado a través dunha música global, rítmica e estimulante. Un disco para escoitar, para bailar, para imaxinar. De refráns claros e estrofas cheas de sutilezas.

El murmullo del fuego, un álbum enteiramente composto por Dani Macaco e producido por Dani Macaco, Jules Bikôkô e Roger Rodés. Ademais de producir, Bikôkô e Rodés levan a parte do león nas instrumentacións facéndose cargo de teclados, guitarras, baixo, coros, percusión… Xunto a eles, Didak Fernández á batería e percusión, Tomas Tirtha Rundquist ás guitarras eléctricas e acústicas e Miki Ramírez á guitarra rspañola destacan entre un numeroso grupo de músicos que elaboraron un álbum de marcado carácter orgánico e sen programacións que nos ofrece a un Macaco entregado á causa principal de defender a canción con maiúsculas.

A publicación de El murmullo del fuego coincide coa edición do primeiro libro escrito por Dani Macaco, Amor a lo diminuto, a través da editorial Ramdom House Mondadori, un libro que recolle unha bela selección de aforismos, rimas, pensamentos, contos, poemas e instantáneas tomadas por Macaco ao longo das súas viaxes e que coincide co período de composición dos temas do seu novo álbum.

Macaco presentará El murmullo del fuego no Festival Rock In Río de Madrid o 30 de xuño de 2012. É o seu sexto álbum gravado en estudio e sucede a Puerto presente e El vecindario, cos que Macaco conseguiu os maiores éxitos da súa carreira. Puerto presente foi número 1 e disco de platino en España, gañou o Premio Ondas (Mellor Álbum), Premio da Música (Mellor Vídeo), Premio 40 Principales (Mellor Vídeo) e Premio Rolling Stone. O seu primeiro single (Moving) bateu todas as marcas en España: tres Discos de Platino en descargas dixitais, nº1 en vendas, nº1 en radios, nº1 en ringtones, elixida Canción do Ano polos lectores do diario El País e nomeada aos Grammy Latinos como Mellor Canción Alternativa e aos MTV Europe Music Awards.

Tras Puerto presente, Macaco lanzou El vecindario, que gañou o Premio da Música 2011 ao Mellor Álbum de Pop, conseguiu o Disco de Ouro e publicouse tamén en Latinoamérica. En El vecindario, artistas españois, uruguaios, brasileiros, colombianos, mexicanos, senegaleses, malineses, estadounidenses e arxentinos uníronse a Macaco para cantar xuntos 18 cancións claves, éxitos dos anteriores álbums de Macaco e dúas inéditas nun extraordinario exercicio de irmandamento musical, cun alcance e alento únicos na escena española e latinoamericana. En El vecindario estaban os españois Estopa, Fito Cabrales, Bebe, Chambao, Manolo García, La Shica, Rosario Flores, La Mari e Muchachito Bombo Infierno, xunto a Jorge Drexler (Uruguai), BNegão (Brasil), Aterciopelados (Colombia), Ximena Sariñana (México), Seu Jorge (Brasil), Natalia Lafourcade (México), Marcelo D2 (Brasil), Youssou N'Dour (Senegal), Oumou Sangare (Mali), Brett Dennen (Estados Unidos), Fidel Nadal (Arxentina), Michael Franti (Estados Unidos) e Nazão Zumbi (Brasil).

Coa súa última e extensísima xira, Macaco percorreu España, actuou nos festivais Rock In Río en Madrid e Rock In Río en Río de Janeiro (Brasil) ante 80.000 persoas e encheu os seus concertos en Arxentina. O éxito de Macaco en España e Latinoamérica é o froito dunha longa carreira que comezou co álbum El mono en el ojo del tigre (1999) e continuou con Rumbo submarino (2001), Entre raíces y antenas (2004), Ingravitto (2006), Puerto presente (2009) e El vecindario (2010). Dunha carreira que comezou en 1997 nas rúas de Barcelona e que mereceu os mellores eloxios dos medios españois e internacionais, rendidos ante a súa maneira de entender a música como exercicio de imaxinación, calidade, mestizaxe, enerxía e universalidade.

+ Info: www.macaco.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión