Tres torturados personaxes con distintos propósitos entrecrúzanse nunha rede de estrañas relacións. A compra dun vestido moi especial poñerá en marcha unha serie de acontecementos imparables.
Para público en xeral
30/07/2020
Xa rematou
22:30h
Prezo: 3,00€ (carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€)
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
Unha das voces máis persoais do último cinema español, Carlos Vermut, ofrece unha película estraña e inasible, desde xa un titulo de culto e cun humor salvaxe e negro, moi negro. A película supón a confirmación de Bárbara Lennie como unha das mellores actrices da súa xeración.
Convidado: JUAN LESTA (Director e videocreador)
Director-realizador de vídeo especializado na creación de pezas de vídeo experimental e a súa integración nos novos medios. Traballa no campo da videocreación e na súa relación coa expresión musical: videodanza, vídeo musical...
VENDA DE ENTRADAS
Venda anticipada: desde as 9:00h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com
Despacho de billetes Fórum Metropolitano: Aberta só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.
NORMAS DE ACCESO
O acceso ao recinto realizarase pola porta posterior do Fórum Metropolitano, c/Pose.
As butacas estarán situadas a 1,5 m de distancia. Aforamento limitado a 48 butacas.
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca que lles asigne o persoal de sala do recinto. Non estando permitido o seu desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamiento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible