Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Mans de barro

Exposición de Gloria García Lorca

Cando:

Dende o 22/11/2018 ata o 25/06/2019

Este evento xa rematou

Horario:

Horario:

Luns a venres

11:00 -1 4:00 h

17:00 - 20:30 h

Sábados logo da previa cita

Enderezo:

Galería Vilaseco. Rúa Padre Feijoo 5, 1º. 15004 A Coruña

Organizador:

Galería Vilaseco

Contacto:

Telf.: +34 981 216 252 info@vilaseco.com

Son paredes que cobren as paredes e torres que marcan os camiños, as entradas e saídas.

Hai vendas que envolven as vasillas feridas deixando restos pequenos das súas outras vidas.

Pode ser branca, negra, ocre ou vermella. A miña man convértea en posibilidade.

Vexo nela o cobre, o silicio, o cal, algún peixiño antigo, garras de aguia e ollos de gato montés, sangue, unha vaca, choivas e aludes.

A terra é a memoria e garda para si a súa forma primeira, o seu primeiro recordo.

Non o esquece porque sabe que a man tamén é de barro. Somos o que lembramos.

Gloria García Lorca nace en NYC en 1945, durante o exilio da súa familia, onde estuda e conclúe a súa carreira en literatura e arte en Sarah Lawrence College, Bronxville NY. Vén a España e comeza a súa actividade como artista e traballa no campo da pintura e da escultura. Ao longo da súa traxectoria artística expuxo no Museo de Belas Artes de Málaga, en galerías de arte nacionais como Vandrés, Juana Mordó, Juana de Aizpuru e Travesía Cuatro, entre outras. O seu traballo tamén tivo presenza durante anos en diferentes feiras de arte contemporánea internacionais como Arco, Art Chicago e ArtBasel. As súas pezas forman parte de coleccións nacionais como a do Museo Raíña Sofía, Museo de Cáceres, Colección La Caixa e Fundación Loewe... e internacionais como Colección Barbara Rose de Nova York, Colección Faridech Cadot de París etc.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión